Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ALBORADA DE EDIPO

Despois de Sófocles terlle dado forma canónica ao tema ou, mellor dito, ao misterio de Edipo, sucédense ao longo da Historia de Europa, e de forma máis ou menos continua, outras visións do dito misterio: desde Séneca, no século I d. C. até Heiner Müller, na segunda metade do XX, pasando por Corneille, Cocteau, Yeats ou Gide, por citarmos só algús nomes.

Tamén os músicos, os pintores e os cineastas teñen sentido a chamada do drama e, naturalmente, os directores de escena, que continúan aportado innúmeras olladas da que é, talvez, a creación máis próxima á natureza humana.

Ademais das obras dos escritores e dos artistas, desde mediados do século XIX vimos asistindo a un tratamento científico do caso; mitólogos, antropólogos, filólogos e mesmo psiquiatras procuran con cadansúa ferramenta unha explicación do dito misterio, non só indagando nas orixes do mito, mais tamén tratando de reduciren a figura de Edipo a un definitivo significado.

Nas páxinas de Alborada de Edipo, o autor afástase de calquera método ou escola interpretativa e achégase, da man do coñecemento e da intuición poética, ao enigma que tanto interese leva espertado, e continuará a espertar, no mundo occidental.

Mais a súa intención non é comprender Edipo, porque sabe que o Rei de Tebas, igual que o Príncipe de Dinamarca, Sigfrido, o Capitán Ahab, Frankenstein, Superman e outras imaxes da mesma criatura, resístense a seren comprendidos. Eles están aí, diante e detrás dos nosos ollos, non para seren convertidos nun teorema, mais para provocaren a ansia de procura, de encontro ou de debate. De vida, en fin.

Titulo: ALBORADA DE EDIPO

Autor: Xesús Pisón

Catálogo Xeral, 386

Compostela, 2020

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

104 páxinas

ISBN: 978-84-8487-482-9

dispoñible en IBD

prezo 14,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-483-6

prezo 7,00 €

COMEZAR A LER
A MAQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso