Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

XAN DO ARRABALDO

Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.

Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana “A Beltranexa” como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.

Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da “boa vila” ao ser cercada polas tropas dos Reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.

Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.

Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas.

A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixo de Pontevedra unha das vilas máis ricas e poboada da Península Ibérica durante douscentos anos e a máis grande de Galicia.

É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.

Titulo: XAN DO ARRABALDO

Autor: Rafael Fontoira Surís

Catálogo Xeral, 359

Compostela, 2018

172 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-402-7

COMEZAR A LER
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"