Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE

Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreos porque segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predicira que dous séculos despois sería un home polémico.

Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa marxe de erro que ten calquera) o home máis publicado no milenio e por iso é polo que se lle concede o primeiro lugar entre os homo sapiens.

A súa obra cume O Capital é un dos libros máis comercializados da historia humana, malia que non creo sexa entendido por todos os que lean esa monumental obra, hoxe usada como bibliografía o mesmo en Harvard que nunha pequena escola da Patagonia.

Terxiversado, levado a dogma, no propio século XIX dicía “Todo o que sei é que eu non son marxista”. O corpo teórico desta filosofía estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foi quebrantado, aínda que a súa revisión cara á esquerda ou á dereita levou a que unha boa parte dos terrícolas explorados, marxinados e ata escravizados aínda hoxe, non entendan que esa teoría sustenta a liberación de todos a partir de que se elimine a plusvalía.

Dese home e a súa contorna, como un acto confeso de amor, trata o libro que o lector ten nas súas mans: Carlos Marx, o eterno rebelde, que foi publicado por Edicións Laiovento en 1996, baixo o titulo Mouro, o eterno rebelde.

Titulo: CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE

Autor: Paquita Armas Fonseca

Catálogo Xeral, 357

Compostela, 2018

122 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-396-9

COMEZAR A LER
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"