Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O ARTE E SUA HISTORIA

Estas cuartillas mecanografadas apareceron nunha caixa de zapatos na primavera de 2017, sesenta e dous anos despois de seren escritas. Conforman un libro que non naceu para ser publicado, senón para que o lesen os fillos dos autores: así de sinxelo. Nelas coméntase a recente morte de Einstein (abril de 1955), polo que deben ser do segundo lustro dos anos 50. Por algunha razón desapareceron nunha das mudanzas dos autores e os seus catro fillos e foron estes quen as atoparon agora.

Antía Cal e Antón Beiras escribiron este texto –desbordante dun humanismo cristián irreconciliable co pensamento único Falanxista e o Nacionalcatolicismo do Réxime– nunha taiga ártica escurecida por unha longa noite de pedra: a Galicia do seu tempo. A súa (re)lectura, pon en valor o testemuño vital dos seus autores: o seu panhumanismo, o seu galeguismo heroico e, sobre todo o demais, un espírito latente de certeza intelectual e de supremacismo moral sobre un inimigo desposuído de toda dignidade humana, reducido á condición de monstro das cavernas.

Titulo: O ARTE E SUA HISTORIA

Autores:

Fora de Serie, 20

Compostela, 2017

440 páxinas

A4 21x29,7cm

ISBN: 84-8487-381-5

COMEZAR A LER
MERCAR

prezo 60,00 €

so á venda en librarías ou
a través de LAIOVENTO

CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"