Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX

Nestes dous relatos igual que en toda a súa obra, Victor Hugo fai gala dunha humanidade, unha comprensión e unha mesura absolutamente inseparables da súa firmeza, coherencia e valentía. Canto ao valor literario, cómpre subliñar a súa innovación ao introducir o xénero da introspección feita polo propio personaxe. Neste sentido, O derradeiro día dun condenado resulta unha novela contemporánea.

Desgraciadamente, o alegato en favor da abolición da pena de morte tamén segue plenamente vixente nos nosos días. Non só porque en moitos países do mundo continúa viva esta pena capital, incompatible cos valores da redención e a reeducación dos culpables senón tamén polas novas formas –quer individuais quer colectivas– que na actualidade ela adopta. Publicar estas obras en galego significa alentar o espírito da Tolerancia e da Xustiza e levar á nosa lingua unha novela da que Dostoievski dixo: «É a máis real e a máis ateigada de verdade de todas cantas obras el escribiu».

Titulo: O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX

Autor: Victor Hugo

Catálogo Xeral, 342

Compostela, 2017

153 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-353-2

COMEZAR A LER
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso