Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA

Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación.

Organizar o territorio do Estado –analxésico para a dór de moas “autoanémica”– non serve para artellar fontes de poder soberano dun Estado plurinacional. O proprio rótulo do Título VIII constitucional delata aos constituíntes españois. Por aí nunca terá solución o problema político da Galiza –nen de calquer outra comunidade nacional con aspiración a autogobernarse.

Nen na Penínsua malchamada ibérica, nen na Europa unida ou desunida, nen en ningún recanto do Planeta Terra. Pondal escribira: “a luz virá para a caduca Iberia dos fi llos de Breogán”. Non contaba coa incurábel cegueira política celtíbera –análoga, por certo, á das persoaxes da xenial novela do Saramago. “Non nos entenden, non”: esa frase pondalián si que segue a ser un certeiro veredicto. Infortunadamente.

Xosé Manuel Beiras

Titulo: O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA

Autor: Xosé Manuel Beiras Torrado

Catálogo Xeral, 331

Santiago, 2016

158 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-324-2

COMEZAR A LER
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso