Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA

Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na historia moderna do galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. A publicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxo un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego en conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que a nosa nación padece. Ao tempo, facía a deseción das principais ideoloxías que se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían. Laiovento publicou a terceira edición deste libro en 1991, e a cuarta, corrixida e enriquecida con novos textos, en 1998. Agora aparece esta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análises sobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vai de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarse de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década dos setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as conclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas que se produciron. Este libro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía a súa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha lingua oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas de comportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflito lingüístico que vive este país, senón para remontalo a executar unha prática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña como obxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social, através da plenitude de usos e funcións.

No panorama bibliográfico galego -tan necesitado de páxinas esclarecedoras a respeito do idioma-, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ (cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outros moitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneira decisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), segue resultando único polo seu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máis científico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constante preocupación por facer análise científica, ao servizo dunha causa que non admite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego.

Titulo: CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
A situación do galego como síntoma

Autor: Francisco Rodríguez Sánchez

Catálogo Xeral, 323

Santiago, 2015

296 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-299-3

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso