Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

FIGURAS DE FINITUDE

A morte non é un “problema”, nin aínda menos un “misterio”, en canto que non se pode enunciar nin resolver. Noutro contexto ben distinto, como é sabido, Marx dicía que a humanidade só formula aqueles problemas que pode resolver; porén, é claro que todos os humanos se cuestionan acerca dela. Desde aqueles que só o fan en situacións límites ou ante a desaparición das persoas amadas, até outros que –no outro extremo do espectro- o fan desde a neurose obsesiva no medio dunha angustia que chega a paralizar a súa mesma vida e que anula calquera proxecto existencial. Como asunto científico, a morte é totalmente asequíbel. Tamén como asunto literario. Outra cousa é abordala, como o fai a filosofía, en tanto finitude da existencia humana. É dicer, non se trata da morte como feito, senón da cuestión da conciencia da finitude.

Titulo: FIGURAS DE FINITUDE

Autor: Francisco Sampedro

Catálogo Xeral, 316

Santiago, 2015

110 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-262-7

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso