Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Á BUSCA DA ORIXE PERDIDA DAS ESPECIES

Nunha viaxe polo vasto océano da memoria, Cris Pavón percorre diferentes camiños para rescatar aquelas lembranzas esquecidas que deixaron unha grande pegada nas súas personaxes.

Nos cinco relatos que conforman “Á busca da orixe perdida das especies” a autora reflexiona sobre un tempo agochado no fondo da consciencia. Se en “Sara e os años” e en “culler, culler, culler” remóntase á infancia cos desacougos de frustrantes experiencias vividas no seo familiar, en “Máquina de Proust” acada un tempo futuro no que os adiantos tecnolóxicos conseguen facilitar os máis arelados recordos ao xeito dunha memoria involuntaria. “O pomo da porta do paraíso era unha castaña” reflicte o medo á perda da inocencia e un primeiro desengano que vai perdurar ao longo da existencia. E como maduro corolario que da nome a obra, en “Á busca da orixe perdida das especies” xoga a establecer paralelismos entre a vida e pensamento do naturalista Charles Darwin e os do escritor Marcel Proust, ambos os dous fornecedores de claridade sobre a nosa condición humana, na que tempo e memoria xogan un papel crucial.

Deixémonos mergullar nestes relatos onde a memoria, por fin, atopa o que buscaba.

Titulo: Á BUSCA DA ORIXE PERDIDA DAS ESPECIES

Autor: Cristina Pavón

Catálogo Xeral, 314

Santiago, 2015

91 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-251-1

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso