Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

CONTRA(DE)CADENCIA

penso que debería, dalgún xeito, dar forma literaria
(non necesaria-mente como novela, senón como algunha sorte de híbrido narrativo que polo de agora descoñezo : que me descoñece)
á loita que manteño no meu interior (calado : paralizado : afogado) contra esta a nosa cidade e a ¡súa! (in)cultura en decadencia
(pugna sen acougo, sen satisfaccións, na procura constante de derrubar a falacia da súa hexemonía)
algún sistema literario que desenvolva e dea noticia da descuberta que vimos de realizar, e que (na súa, intúo, mínima transcendencia social) permita a un número in-determinado de persoas tomar con(s)ciencia da existencia agochada entre nós de creadores coma el, de novos mártires soterrados nas gabias-da-marxinación e nos foxos-do-illamento da vergoña actual por parte desta sociedade do espectáculo e da vulgaridade (que aínda por riba se cre expiatoria de todos os crimes perpetrados no pasado)
un texto que sexa:
radiografía dunha transición estilística
berro xordo contra un medio que enmudece
restitución dunha vítima da historia imperante aínda-non-escrita
topoloxía dunha vida en travesía polo deserto
crónica dunha outredade recoñecida

Titulo: CONTRA(DE)CADENCIA

Autor: Paco Yáñez

Catálogo Xeral, 312

Santiago, 2014

316 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-240-5

O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"