Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

LIDIA SENRA RODRÍGUEZ

Este é un traballo que xorde da admiración a unha muller nacida no anonimato dunha casa labrega de Terra de Lemos, e que hoxe, aos seus 52 anos, é unha feminista galega recoñecida, unha líder indiscutible do sindicalismo labrego galego e unha referencia obrigada dentro do movemento agrario europeo e internacional.

A través da narración da vida e do liderado de Lidia Senra Rodríguez queremos contribuír ao recoñecemento de todas as mulleres labregas. Este é pois un libro soñado e traballado, en primeiro lugar, para as mulleres labregas.

Mais o noso desexo é que este libro sirva de espello tamén para as outras mulleres; para que poidan recoñecer na figura de Lidia o seu rostro máis fermoso e todo o seu potencial de plenitude.

Necesitamos mulleres referentes para construírmos a nosa xenealoxía feminina e escribirmos a nosa historia de mulleres. Precisamos nomear en voz alta, dicir con voz pública e con orgullo o nome das mulleres que nos precederon, para aprender a dicir tamén con ese mesmo orgullo o noso nome.

É a nosa intención que os contidos deste libro cheguen ao destino de cantos homes e mulleres fixeron posible a aventura incrible de botar a andar e fortalecer unha organización de labregas e labregos en Galiza.

E finalmente, esperamos que sirva de axuda a quen queira achegarse á historia da Galiza labrega e ao percorrido dunha muller que soubo atinar con xeitos de liderado alternativos aos masculinos vixentes na maioría das organizacións.

Co seu xeito de liderar anovador, Lidia Senra Rodríguez apunta unha maneira diferente de crear e consolidar organización. Con ela o quefacer colectivo en Galiza toma nome de muller.

Titulo: LIDIA SENRA RODRÍGUEZ
A historia dun liderado entrañable

Autor: Tareixa Ledo Regal

Fora de Serie, 17

Santiago, 2010

256 páxinas

22x22cm

ISBN: 84-8487-155-X

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso