Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A EDUCACION: DEREITO OU MERCADORIA?

Asistimos, aínda con incredulidade, a un proceso de desmantelamento do servizo público de educación a través dunha acción política que combina a aplicación de medidas de restrición económica con propostas normativas de carácter contrarreformista. Aqueles “axustes” aparentemente conxunturais revélanse como elementos primarios dunha mudanza estrutural no ámbito da educación, que pon en perigo os dereitos e as aspiracións da cidadanía nun horizonte de maior xustiza social.

Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao paso con datos e argumentos que cuestionen as accións e o discurso dominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta non só defensiva, ao pairo do que vén –ou da que está caendo– senón co propósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunha liña propositiva e aberta ao debate educativo e social.

No balbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa da envergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadas mudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, as distintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foco naqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da acción contrarreformista.

Trátase dunha obra colectiva que pretende axudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol da conquista democrática que representa a educación pública.

Titulo: A EDUCACION: DEREITO OU MERCADORIA?

Autores:

Catálogo Xeral, 304

Santiago, 2013

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

180 páxinas

ISBN: 978-84-8487-234-4

prezo 16,00 €

MERCAR

mercar en IMOSVER

tamén dispoñíbel noutras
plataformas da rede

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso