Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

PLASTIC DOLLS SHOW

Nun cabaré, a medio camiño entre a realidade e a fantasía, asistimos á desesperada metamorfose de Juliette como a única saída ao tedio da existencia.

Unha fuxida cara a ningunha parte que Casandra, guiada só polo que ve nos soños que a asedian cada vez con máis frecuencia desde hai algún tempo, intentará deter para evitar unha traxedia tan irremediábel como previsíbel, e que, talvez precisamente por iso, nos fai sentir un abismo baixo os pés. Así, cun nó de vertixe no estómago, ficamos a ollar o espectáculo –denigrante e tenro asemade– dunhas personaxes imposíbeis que tecen e destecen neste inframundo os seus soños máis íntimos, que ensaian cada noite ousados pasos de ballet na corda frouxa da loucura, por veces flirteando inxenuamente coa morte, en canto finxen outras vidas para esqueceren as propias. E, sempre, de fondo, as bonecas de plástico que observan con noxo –recreándose morbosamente na dor allea–, o devir da traxedia.

Titulo: PLASTIC DOLLS SHOW
Cabaré en clave metaliteraria

Autor: Olivia Pena

Catálogo Xeral, 302

Santiago, 2012

116 páxinas

teatro

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-231-2

A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso