Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

TERESA ALVAJAR LÓPEZ

“Xa ves que sigo coas miñas lecturas e practicando o meu idioma. Que pracer! Xa ves que intento recuperar a miña lingua, a que me arrebataron os “salvadores de España”, criminais, o que fixeron de min”. Así se expresaba Ma Teresa Alvajar en carta á editora destas memorias en 2008. Roubáronlle a lingua, afastárona da Terra, coa que segue a soñar cada noite: soña que volve a ela, que pasea polas rúas coruñesas e que chega á praza de María Pita desde onde olla para a xanela da oficina onde traballaba o pai. E cada mañá, despois desta viaxe arelada, esperta cansa e atristurada. Tiña 15 anos cando partiu a Soria coa nai, poucos días antes da sublevación militar, para se reunir co pai, na altura gobernador na cidade castelá. Aquela data marcou para sempre a familia Alvajar López, que nunca máis se volvería encontrar xunta. Longo período de continua peregrinaxe: Soria, Madrid, Valencia, Barcelona, un ano na Coruña, Vimoutiers, Montauban, Barcelona de novo, París, Girona, Madrid máis unha vez. A súa foi unha vida de sortear obstáculos, de facerlles fronte, de os superar.

Nai de tres fillas e un fillo de dúas parellas, que abandonaron as súas responsabilidades, María Teresa Alvajar tivo moita coraxe, nun tempo en que as mulleres semella que tiñan que pedir permiso para vivir, para amar. Camiñante solitaria polo escuro bosque da incomprensión, do machismo imperante, moitas das circunstancias que atravesou son produto dun tempo en que o control da moralidade constituíu unha verdadeira obsesión para os franquistas.

Con María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana recupérase máis unha voz da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia. Un relato, en edición de Aurora Marco, que vén enriquecer o conxunto de textos memorialísticos de autoría feminina publicados nos últimos anos. Unha historia de desarraigo violento, duro, adobiado de estrañeza, soidade, incerteza e de penurias na procura da supervivencia. Unhas memorias que non van deixar indiferente a ninguén.

Titulo: TERESA ALVAJAR LÓPEZ
Memorias dunha republicana

Autores:

Catálogo Xeral, 298

Santiago, 2012

286 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-227-6

Aurora Marco
(editor)

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso