Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A SAUDE COMO NEGOCIO

As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...) están enmarcadas nunha corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos.

Neste libro presentamos un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coa pretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia.

Trátase dunha achega seria, documentada e rigorosa, mais non imparcial; pretendemos achegar argumentos e análises que sexan útiles –aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais– para comprender as estratexias postas en marcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave risco que representan para o futuro inmediato da sanidade pública.

Este libro poderá ser útil, tamén, ás plataformas para a defensa da sanidade pública que, nos últimos tempos, están traballando en toda a xeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.

Titulo: A SAUDE COMO NEGOCIO
Informe urxente sobre a sanidade pública en Galiza e no Estado

Autores:

Catálogo Xeral, 293

Santiago, 2012

136 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-222-1

O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"