Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ALVARO CUNQUEIRO

Midamos a grandeza do estro de Cunqueiro: confróntase con Shakespeare, referente máximo da arte dramática, para reescribir un texto axial, o Hamlet. ¿E cal é o punto onde «corrixe» a materia hamletiana? No que abrangue o núcleo dos afectos, as relacións do pai e da nai co fillo, o desexo e a raíz do ser. Pode dicirse que nunca a fórmula coloquial «¿e ti de quen vés sendo?», clave da identidade no noso mundo tradicional, acadou sublimación artística de máis altura.

Cunqueiro explorou e mobilizou todos os recursos que a lingua e a cultura lle entregaron, no terreo da representación, para elaborar esa pregunta, que adquire, na desacougante singradura de arestora, un carácter perentorio: cuestión de sermos ou non sermos.

Abafala é a peor das respostas, pois, contra o que soñou Cunqueiro, ningunha obra literaria, por si, é capaz de fornecer á vida de Galiza mil primaveras máis; só a comunidade en que os lectores se tornen actores para unha representación que impulse a nosa autoconstrución interminábel. A ela, Cunqueiro, para alá dos abxectos ires e vires nos vencellos co poder franquista, xa deu o seu contributo e o que no Don Hamlet ficou é unha vigorosísima alerta contra a autoconsunción que nos ameaza como forma derradeira da agresión secularmente padecida.

Titulo: ALVARO CUNQUEIRO
O Incerto Señor Don Hamlet

Autor: Manuel Castelao

Catálogo Xeral, 281

Santiago, 2011

260 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-209-2

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso