Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ESCRITOS DE MOCIDADE (1914-1918)

Neste volume recóllense unha serie de artigos que Antonio Gramsci escribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, inicio e fin da Primeira Guerra Mundial e a aparición, súbita, cara ao leste, da Revolución bolxevique.

Escritos de mocidade ilustra o itinerario socialista do Gramsci mozo: proposición de entrada en guerra de Italia a carón dos aliados e influencias da esquerda anti-conflito reunida en Zimmerwald, contacto coa clase obreira turinesa e o espectáculo dos seus combates, o esforzo por elaborar unha vía orixinal italiana do marxismo, contra as influencias positivistas e por un retorno ás posición hegelianas vía Benedetto Croce, o encontro coa definición rusa e o esforzo por definir o bolxevismo.

Mais tamén un esforzo para introducirse na cultura popular, nas canles de difusión da cultura burguesa, por elevar o ton e o fondo das mensaxes dirixidas ao proletariado, o enfrontamento coa vella garda socialista e co reformismo. Aínda que ás veces estes artigos ou traballos se resenten do seu formato xornalístico, non deixan de conformar as bases do que serán, na súa madureza, as constantes do pensamento gramsciano: estudo da cultura e literatura populares, a función dos intelectuais, a construción dun partido revolucionario, a hexemonía do proletariado, a estratexia para unha revolución en Occidente, etc.

Hoxe, como sempre pero talvez máis que nunca, o lector pode tirar leccións e ensinanzas destes escritos xuvenís de Gramsci para comprender o mundo actual.

Titulo: ESCRITOS DE MOCIDADE (1914-1918)

Autor: Antonio Gramsci

Catálogo Xeral, 272

Santiago, 2010

164 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-202-3

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso