Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

LUÍS SEOANE EN COMPOSTELA E OUTROS ENSAIOS

Malia pertenceren os escritores aquí considerados a xeracións literarias diferentes, cómpre sinalarmos que non faltaron as relacións entre varios deles.

Eduardo Blanco-Amor sempre consideraría o director literario de Nós como un dos seus mestres gratuítos no Ourense da súa formación intelectual. Pola súa parte, con motivo do pasamento de Risco, Celso Emilio dedicaríalle na revista Destino (11-V-1963) o poema “A herdanza”, que logo recompilaría en Viaxe ao País dos Ananos, xa sen dedicatoria.

Son ben coñecidas as relacións polémicas entre Celso Emilio Ferreiro e Luís Seoane na posguerra, orixinadas pola imaxe que dá da emigración o celenovés nese volume de 1968, pero non se ha de desatender nese enfrontamento tanto a traxectoria política do poeta de Celanova durante a Guerra Civil como a súa ascendencia estética sobre os membros das novas xeracións a partir dos anos sesenta.

As cartas que Luís Seoane dirixe a Blanco-Amor testemuñan cumpridamente a súa admiración polo novelista ourensán, a quen lle edita A esmorga, mais non debemos ocultar as escasas relacións habidas entre eles en Bos Aires, a pesar de participaren os dous nas actividades culturais do Centro Galego e de sucedérense na dirección da revista Galicia. Do que non hai dúbida é da grande admiración que sentía Blanco-Amor polo artista coruñés, como proban os diferentes artigos que sobre el publicou desde a década dos cincuenta.

Titulo: LUÍS SEOANE EN COMPOSTELA E OUTROS ENSAIOS

Autor: Antón Capelán Rey

Catálogo Xeral, 270

Santiago, 2010

284 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-193-4

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso