Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ARQUITECTURAS DA INFANCIA

O que se lle require á saúde mental acerca dos nenos, é en si mesmo un síntoma. Un síntoma entendido como indicio da concepción social da infancia e da propia saúde mental. Neste libro os autores propóñense seguir unha particular metodoloxía para o estudo destas cuestións, situándose como eles mesmos sinalan nas marxes e as fronteiras do saber.

Como sinala no prólogo Federico Menéndez, o neno é privado dun dereito: o ser capaz de sentir e sufrir, gozar e padecer, deprimirse e exaltarse, delirar e razoar, pero todo iso á vez que entra de pleno na economía de mercado, ata o punto de constituírse toda unha industria ao seu redor. Por iso os autores nos alertan e enmarcan a infancia nunhas coordenadas que permitan repensar a infancia sen os falsos aderezos e edulcorantes que emanan do ideal imaxinario das falsas e delicadas conciencias.

A importancia decisiva que dan á noción de lugar e á de acción queda reflectida no título: arquitecturas e teatros. Tales arquitecturas, é dicir, os lugares destinados á infancia foron modificándose fondamente ao longo da historia. O seu modo de ocupalos, que dada a importancia do actuado máis que do pensado denominaron teatralidade, tamén sufriu importantes cambios. Estes elementos pertencentes á realidade máis tanxibel son os que lles permiten deducir cales son as características sociais da infancia. Así mesmo, as demandas de atención psiquiátrica ao neno analizadas desde un punto de vista histórico e cultural, revelan as friccións existentes nos diferentes discursos sobre a infancia.

Titulo: ARQUITECTURAS DA INFANCIA
Escenarios e teatros na construción social da infancia

Autores:

Catálogo Xeral, 258

Santiago, 2009

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

184 páxinas

ISBN: 978-84-8487-179-7

prezo 18,00 €

TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
IRMANDIÑAS
FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso