Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ

Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudo sobre a vida e a obra de Miguel González Garcés (A Coruña, 1918-1989), desde un enfoque amplo, incluíndo a persoa –cunha aproximación aos feitos puntuais da súa biografía– e o personaxe, analizando o seu labor social e literario e recollendo o corpus crítico que sobre a obra de Garcés se ten escrito. Situando, en suma, o noso autor nas coordenadas históricas que marcaron a súa vida e que explican a súa traxectoria, ofrecendo unha imaxe plural e complexa, desde distintos ángulos e perspectivas, así resulten contraditorias.

Sempre desde o pensar e o sentir dun escritor: non estamos ante unha tese nin ante un traballo académico. Si ante un libro que prima a reflexión, a claridade expositiva e a perfección estilística sobre pautas formais ou rigores ecdóticos. O único propósito que nos move é afondar na obra dun poeta que consideramos dos máis relevantes no contexto da lírica galega da segunda metade do século pasado.

Titulo: MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
O home. O autor. A obra

Autor: Xulio López Valcárcel

Catálogo Xeral, 254

Santiago, 2009

356 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-174-6

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso