Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

RAMÓN PIÑEIRO

Recuperarmos a acordanza persoal do propio Ramón Piñeiro, á par daqueloutras voces de personaxes coetáneos reseñados na nosa historia recente que, desde a escrita das súas memorias, epistolarios ou desde as declaracións biográficas concedidas en libros de conversas que resultan fundamentais para a recuperación da memoria colectiva de noso máis recente, foi o guieiro a través do que quixemos ofrecer, a quen con cautela curiosa a estas páxinas se achegar, un paseo que conxugue, canda o tempo cronolóxico, o modus vivendi et operandi do autor rememorado este 17 de maio, porque o cronos comprendido entre 1915 e 1990 debuxou escenarios diferentes na vida de Ramón Piñeiro, partillados con senlleiros compañeiros de proxectos colectivos, máis do que propiamente individuais, comprendidos sempre ao servizo dunha Galiza que cumpría (re)construir asentada na terra e na lingua como fíos condutores dunha con(s)ciencia xenuína.

A inclusión dun apéndice de textos do propio autor estudado neste traballo pretende transmitir, sen filtro previo, o seu pensamento e posicionamento a respecto de cuestións múltiples ao longo de catro intensas décadas, coa intención de completar a secuencia dos feitos que biográficamente se recollen.

Titulo: RAMÓN PIÑEIRO
A expresión cultural dunha estratexia política

Autor: Mercedes Queixas Zas

Catálogo Xeral, 242

Santiago, 2009

157 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-153-3

VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"