Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ALEXANDRE BÓVEDA. NA DEMANDA DE RESTAURACIÓN

Este libro resume, condensa e amplía a bibliografía existente sobre a personalidade política, intelectual e humana dunha das figuras máis relevantes da historia do nacionalismo galego.

Dificilmente, nun período tan curto de vida —foi asasinado aos trinta e tres anos— se pode desenvolver un traballo tan intenso e fecundo como o realizado por Alexandre Bóveda. Nas páxinas deste libro da autoría de David Otero o lector ou lectora terá ocasión de comprobar o que vimos de sinalar.

Como consecuencia da súa decidida entrega na defensa dos intereses e da dignidade da nosa Nación, Alexandre Bóveda sería asasinado o 17 de agosto de 1936 no monte da Caeira en Poio.

Minutos antes da súa execución, aínda era quen de ditar a derradeira "leción do mestre": "a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra".

Precisamente, o 17 de agosto do ano 2005, o gran poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, no cemiterio de San Mauro, pronunciou unhas palabras en lembranza de Bóveda nas que, entre outras cousas, afirmou: "naquela hora da madrugada negra comezou a medrar a familia dos destinatarios da túa derradeira vontade. Hoxe somos multitude ardente a dos que vivimos contigo na paixón luminosade

Galiza, na homenaxe da túa intelixencia de serena anatomía, do teu claro rumbo de amor expansivo, do teu inimitábel estilo humano e das túas certezas políticas, que son tamén nosas e ti alimentas e coidas desde a memoria dilatada en herdo milenario".

Titulo: ALEXANDRE BÓVEDA. NA DEMANDA DE RESTAURACIÓN

Autor: David Otero

Catálogo Xeral, 239

Santiago, 2008

235 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-148-7

O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"