Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O CARLISMO GALEGO

"Cando publiquei este libro no ano 1976, na desaparecida editorial Pico Sacro de Santiago de Compostela, as únicas referencias bibliográficas eran ou as carlistas ou as que procedían da escola do profesor Suárez Verdeguer, do Estudio General de Navarra, que impregnou os seus libros dunha certa compostura académica da que carecía a bibliografía tradicional. Pero pasaron 32 anos e hoxe dipoñemos dunha historiografía sobre o carlismo á que lle dedicamos atención nas páxinas introdutorias.

A primeira guerra carlista (1833-1839) non foi un episodio máis no turbulento século XIX. O que estaba en xogo non era unha monarquía presidida por Dona Isabel ou D. Carlos Isidro senón dous modelos sociais e dous modelos de Estado. E iso foi o que se decidiu nesa prolongada guerra.

Baixo esta perspectiva, as investigacións máis recentes sobre o carlismo procuran identificar os grupos sociais que apostaron por un ou outro modelo, polo liberalismo ou polo absolutismo. Exactamente como intentamos facer na primeira edición deste libro.

Nesta segunda edición incluímos novas referencias e informacións, matizamos algúns conceptos

pero mantemos a mesma estrutura e, sobre todo, a tese central: que a pesar do apoio explícito do clero (máis de cincuenta clérigos morreron coas armas na man ou foron fusilados), dun sector importante da fidalguía e dos empregados da administración señorial, o carlismo fracasou en Galiza pola falla de apoio popular. Como en xenial intuición escribiu Valle Inclán, en Galiza só houbo fogueiras pero non un grande incendio"

(Xosé Ramón Barreiro Fernández)

Titulo: O CARLISMO GALEGO
(2ª EDICIÓN CORRIXIDA E AMPLIADA)

Autor: Xosé Ramón Barreiro Fernández

Catálogo Xeral, 234

Santiago, 2008

388 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-143-9

TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"