Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

MARÍA MARIÑO NO RONSEL DAS ESCRITORAS GALEGAS

É a poesía de María Mariño (1907-1967) existencialista por antonomasia, como a que pioneiramente inaugurará o Manuel María de Advento (1954), o que acredita na literatura galega un alento criativo, orixinal (para os perpetuos contempladores do exterior, un estar à la page), que, máis unha vez, pede clamorosamente unha análise desde dentro da especificidade da propria literatura galega, non a reboque das literaturas institucionalizadas do centro do sistema.

E sin esperar espero para ver o lonxe en min: o resumo paradoxal perfeito da ansiedade autorial, da utopía e da ucronía do imposíbel, da aspiración a captar un misterio que vai seguir sendo tal: Oio algo alá mui lonxe e nada del sei decir, e sin esperar espero para ver si o vexo vir.

Penso si polo arrodeo ou si non sabe o camín e sin esperar espero para ver o lonxe en min.

Titulo: MARÍA MARIÑO NO RONSEL DAS ESCRITORAS GALEGAS

Autor: Maria Pilar García Negro

Catálogo Xeral, 218

Santiago, 2007

85 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-119-3

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso