Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A VANGARDA DA PRESENZA E OUTROS ESCRITOS COLECTIVOS SITUACIONISTAS

“Non se trata de pór a poesía ao servizo da revolución, senón de pór a revolución ao servizo da poesía. É soamente así que a revolución non traizoa o seu propio proxecto. Non reproduciremos o erro dos surrealistas que se puxeron ao seu servizo precisamente cando xa non existía”, podía lerse no número 8 da revista Internationale situationniste. É, sen dúbida, e até nova orde, despois do surrealismo no seo da Internacional situacionista que se encontra máis claramente a vontade de vincular revolución estética e revolución política. Raoul Vanegeim, en 1967, escribiu: “Os situacionistas reivindican plenamente a herdanza surrealista, rexeitando repetir os seus erros e principalmente a recuperación da arte surrealista pola sociedade burguesa”. O desexo, a paixón, o xogo son os elementos que permiten revolucionar a arte para que a creación artística sexa obra de todos. Se o proxecto é moi semellante, as modalidades de realizalo son diferentes. A revolución estética dos surrealistas alicérzase na poesía e a pintura, mentres que para os situacionistas pasa pola irrupción da estética na vida cotiá a través da práctica da “deriva”, a construción de “situacións”, un novo urbanismo...

Mais se os situacionistas evitaron o escollo da recuperación que coñeceu a arte surrealista, non é, como subliña Susan Rubin Suleiman, ao prezo do abandono da compoñente estética do seu dobre proxecto inicial. A evolución do movemento mostra que os situacionistas consagraron o esencial da súa actividade a unha reflexión exclusivamente política. E a disolución, en 1972, da Internacional situacionista significa o abandono do proxecto político”.

Titulo: A VANGARDA DA PRESENZA E OUTROS ESCRITOS COLECTIVOS SITUACIONISTAS

Autor: Xesús González Gómez

Catálogo Xeral, 216

Santiago, 2007

205 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-118-5

O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"