Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

LINGUA, NACIÓN E IDENTIDADE

A especial condición do galego como lingua romance que, por unha parte, xerou o portugués, prolongación cara ao sur de si mesmo e logo estendido por varios continentes, e que, por outra, ficou subordinado no seu propio territorio ao castelán como lingua dun poder político invasor, provocou unha singular relación con estas dúas linguas, a se debater aínda hoxe entre a reintegración no seu tronco histórico ou a progresiva dependencia do idioma oficial do Estado. Atrapado, pois, entre o castelá, e o portugués, mais fundamentalmente debido á presión do primeiro, o galego acha grandes dificultades para recuperar a súa condición de lingua normal da Galiza que mantivo durante a época medieval, partillando agora o seu futuro incerto con outras linguas peninsulares e europeas que se caracterizan tamén por non posuíren un aparello de Estado propio.

As relacións entre o galego e o portugués, o castelán e as linguas minorizadas do Estado e de Europa son obxecto de reflexión e análise nesta obra, que tamén presta atención á cuestión da norma, importante para marcar o grao de relación coas linguas próximas.

Na procura da súa afirmación como lingua nacional da Galiza, o galego tamén foi obxecto de reivindicación, defensa e coidada elaboración literaria por parte das nosas escritoras e escritores, algúns dos cales se tratan aquí como mostra dese longo proceso de (re)construción da identidade nacional galega coa lingua por símbolo máis representativo.

Titulo: LINGUA, NACIÓN E IDENTIDADE

Autor: Xosé Ramón Freixeiro Mato

Catálogo Xeral, 213

Santiago, 2006

255 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-105-3

VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"