Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A LINGUA GALEGA NO CANCIONEIRO DE PÉREZ BALLESTEROS

A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, é publicado o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, sen por tanto intervir o colector nos trazos da lingua, constitúen tales estrofes un magnífico expoñente de como era a oralidade galega do decembrar decimonónico.

O estudo lingüístico do cancioneiro que agora Edicións Laiovento dá a lume, elaborado por Xosé Manuel Sánchez Rei, servirá para nos aproximarmos, cunha notábel dose de verosimillanza, das características do galego oral popular da época, e en especial da actual provincia coruñesa. Mais, igualmente, tamén coadxuvará na recuperación de casuísticas e xiros gramaticais usuais na altura, os cales hoxe, por factores totalmente alleos á lingua, se achan, non raro, nunha situación crítica de esmorecemento. E, en harmonía co desexo do autor e de Laiovento, eses trazos lingüísticos xenuínos presentes no cancioneiro e analizados nesta obra farán, con certeza, mellorarmos a calidade da lingua empregada na actualidade.

Titulo: A LINGUA GALEGA NO CANCIONEIRO DE PÉREZ BALLESTEROS

Autor: Xosé Manuel Sánchez Rei

Catálogo Xeral, 209

Santiago, 2006

454 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-092-8

O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"