Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

DIATRIBAS MANUELINAS

«Como ben salienta a profesora portuguesa Clara Rocha no seu extraordinario ensaio Revistas Literárias do Século XX em Portugal (1985), unha das funcións que desempeñan habitualmente as revistas e os xornais literarios –coidamos que tamén quedan comprendidos entre os segundos os suplementos dos periódicos– é a de arquivo do patrimonio cultural. No entanto, as revistas e mais os suplementos poden acabar converténdose en sepulturas de textos e imaxes, xa que os números sucesivos dunha publicación periódica van enterrando no olvido os que os precederon, pois a actualidade é caduca de seu. Por iso, ao cabo dalgúns anos, resulta acaído rescatarmos papeis vellos esquecidos para ver se resisten unha relectura e, tras sacudirlles o po e adobialos un chisco, poñelos de novo en circulación en formato de libro á procura do lector curioso. Con esta finalidade reunimos no presente tomo unha serie de artigos breves dados a coñecer en diversas publicacións galegas entre 1990 e 2000, aos que engadimos tan só dous inéditos de 2002 (“Valentín Paz-Andrade labra a súa imaxe” e “Castelao, actor teatral”) e un deste mesmo ano: “Avilés de Taramancos e Castelao”.

Ao ver reunidos estes textos sobre escritores e intelectuais tan diversos de catro xeracións decatámonos de que parece fluír unha corrente subterránea que confire a necesaria unidade ao conxunto.

As ideas forza que servirían de fío unificador do volume non serían outras que a memoria, o esquecemento e a terxiversación. Temos a impresión de que, cando escribimos estas páxinas efémeras, a nosa aspiración básica era a de camiñar, sen excesivos xogos malabares, polo arame tendido entre o rigor histórico e o compromiso coas memorias nacional e obreira.

Titulo: DIATRIBAS MANUELINAS
e outros textos de ocasión

Autor: Antón Capelán Rey

Catálogo Xeral, 184

Santiago, 2004

229 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-057-X

VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"