Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

UN DIGNO HERDEIRO

Desde 1989, a esquerda europea e mundial ten grandes dificultades para dirixir á cidadanía unha mensaxe coherente que responda a todas as mudanzas que se operaron na sociedade. Unha das posíbeis solucións a ese problema, tomada como unha hipótese bastante real por moitos partidos de esquerda, formulouna Tony Blair na Gran-Bretaña. O libro que Edicións Laiovento publica agora en galego analisa como naceu politicamente a chamada “terceira vía” e que aspectos dese discurso se plasmaron nos primeiros anos de goberno do Novo Traballismo británico. Desde a súa chegada ao poder, a capacidade para sorprender a propios e alleos do político británico confirmouse como suprema, mais a grande virtude da análise de Keith Dixon reside en encontrar, neses dous anos de goberno, todas as constantes do que Mister Blair nos demostrou despois. Talvez o único misterio sexa que é “patoloxicamente incapaz de comprometerse cunha opinión por medo a desagradar ao seu interlocutor”, e a que ese interlocutor sexan sempre as clases medias e George W. Bush, ou o presidente de turno dos E.U.A.

Exactamente os mesmos que os de J.M.A., que deixou a vida política co trauma de non aprender

inglés.

Tradución do francés: Carlos Alhegue Leira

Titulo: UN DIGNO HERDEIRO
Blair e o thatcherismo

Autor: Keith Dixon

Catálogo Xeral, 183

Santiago, 2004

97 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-056-1

ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso