Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

RAICEIRAS E VENTO. A OBRA POÉTICA DE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

A obra poética de Antón Avilés de Taramancos constitúe xa un referente incuestionable dentro do marco da lírica galega contemporánea. A riqueza da súa proposta literaria nace como resposta a unha vida intensa mais formúlase como superación transcendente do mero acontecer biográfico.

Este volume recolle, por unha banda, unha análise demorada dos aspectos esenciais da obra poética de Avilés elaborada por varios recoñecidos críticos e creadores. Pola outra, incorpora unha escolma dalgúns dos seus poemas máis relevantes en versión bilingüe galego-inglés, que conforma a selección máis ampla da poesía de Avilés traducida a esta lingua ata o momento. Finalmente, ofrece os textos que seis nomeados poetas irlandeses escribiron como resposta á obra do autor de Taramancos, en versión inglés-galego.

Raiceiras e vento presenta, xa que logo, un interese notable tanto para os amantes da poesía como para os amantes da traducción literaria, ademais de procurar o establecemento dun diálogo cultural fecundo entre dous países tan intimamente vencellados: Galiza e Irlanda. O eixe que vertebra o volume é a presencia poderosa e senlleira de Antón Avilés de Taramancos, así como a certeza sen fisuras de que a súa obra poética está destinada a perdurar. O seu nomeamento como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas correspondente a 2003 ha consolidar a súa eternidade.

Titulo: RAICEIRAS E VENTO. A OBRA POÉTICA DE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

Autor: Martín Veiga Alonso

Catálogo Xeral, 179

Santiago, 2003

201 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-044-8

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso