Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

AS PRISIÓNS DA MISERIA

No mes de Xaneiro de 2003, cando atravesaba o seu momento máis difícil en seis anos no poder, o goberno do Estado anunciaba unha serie de profundas reformas no Código Penal e na Lei de Procesamento Criminal, tal vez para desviar a atención doutros asuntos en que demostrara unha capacidade de resposta bastante reducida. Os primeiros efeitos destas medidas eran a resinstauración na prática da prisión perpetua a través das condenas a 40 anos e unha previsión de aumento de efectivos encarcerados “preventivamente” que facían necesaria a construción de sete novas cadeas, para alén de que o novo código permitía escorregar facilmente na asociación da inmigración á delincuencia. Os promotores destas mudanzas afirmaban que estaban xustificadas pola inseguranza e polo aumento da delincuencia, aínda que o crecemento constante da populación penitenciaria da década anterior non conseguira eliminar esas lacras.

As chaves para comprender a verdadeira xénese dese tipo de políticas penais e securitarias, inevitabelmente asociadas á retirada social do Estado, e os instrumentos para ter a verdadeira medida da súa orixinalidade encóntranse contidas nestas páxinas que Edicións Laiovento oferece ao leitor que aínda quer ter consciencia do que supón ser cidadán dun Estado.

Tradución do francés de Carlos Alhegue Leira.

Titulo: AS PRISIÓNS DA MISERIA

Autor: Loïc Wacquant

Catálogo Xeral, 168

Santiago, 2003

153 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-023-5

VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"