Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A BALADA DO CÁRCERE DE READING

Durante os dous anos que pasa encerrado no Cárcere de Reading, Óscar Wilde ve a Charles Woolridge, un membro da Garda Montada que fora condenado a morte por matar a súa esposa. Desa visión, e da súa propia experiencia carceraria, xorde a Balada do Cárcere de Reading, o grande alegato literario do século pasado contra o sistema penitenciario, a lexislación británica e a pena de morte.

Son seis cantos de poderosa e profunda poesía cos que Wilde pon punto final a unha escrita marcada, ata entón, polo enxeño, o xogo, a ironía, o hedonismo e a adicción estética. En A Balada, Wilde abandona os seus principios creadores e presenta, nun estilo sinxelo e directo, un testamento para a eternidade, unha descarnada visión sobre a hipocrisía e a vinganza, pero tamén sobre o amor e a xenerosidade. Versos que quedarán marcados na memoria dos lectores pola súa forza e a súa lucidez. “Os homes matan aquilo que aman, / que todos o oian: / algúns fano cunha mirada aceda, / outro cunha loa; / o covarde faino cun bico, / ¡o valente cunha espada!”.

Traducción: Amalia Salvado e Antón Lopo.

Titulo: A BALADA DO CÁRCERE DE READING

Autor: Oscar Wilde

Catálogo Xeral, 167

Santiago, 2003

115 páxinas

poesía

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-022-7

A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso