Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

BOS DÍAS GALEGOS. EIQUÍ SEMPRE EN GALIZA

Lembro, sendo ben neno, que nas mañás dos domingos acordaba eu no leito con ese saúdo radiofónico, que alegremente repetía para min a miña nai mentres me abalaba para me escorrentar o demorado sono domingueiro.

Miña nai, sempre o fixo así, xa estaba ó tanto cando viña chegando a hora, escoitando Radio Carve a pouca voz. E xusto, xustiño cando comezaba a nosa emisión, bulía a lle dar todo o volume berrando ela tamén un ¡Bos días, galegos. Eiquí Sempre en Galicia! en resposta ó saúdo que nos chegaba do éter.

E naquela media hora (unha media hora que, segundo as queixas da miña nai, adoitaba non pasar moito dos vinte minutos) a nosa casa enchíase toda cos aires da Terra. Unha Terra da que eu non tiña, non podía ter, lembranza ningunha”.

Montevideo, 1950.

A voz dos galegos sae por primeira vez ó ar.

Titulo: BOS DÍAS GALEGOS. EIQUÍ SEMPRE EN GALIZA

Autor: Mónica Rebolo Vázquez

Catálogo Xeral, 163

Santiago, 2002

294 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-014-6

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso