Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

MANUEL MARÍA: OS TRABALLOS E OS DIAS

Hai homes que viven unha vida. Algúns, viven moitas vidas. O noso persoeiro pertence ao segundo grupo: o home, o poeta, o narrador, o dramaturgo, o xornalista, o mestre, o divulgador cultural, o político, o procurador dos tribunais, o editor, o cidadán, o incansábel peregrino dos camiños da Galiza e o mundo... son un a a un e todos xuntos Manuel María. Os máis notábeis e significativos acontecementos da vida galega, nos seus ámbitos social, cultural e político da segunda metade do século XX poden ser contados desde o mirador da súa traxectoria vital.

Quizais por iso, non sexa desproporcionado afirmar que estes apuntamentos biográficos trazan unha sintética radiografía da vida galega, contada a través dos seus ciclos e tempos culturais, dos seus axentes e promotores, das entidades que a protagonizaron, das múltiples dificultades que tiveron que enfrontar e souberon vencer, e da importancia e excelentes froitos do traballo de milleiros de galegas e galegos anónimos que, co seu xeneroso esforzo, fixeron agromar do ermo, entre a presión e o terror impostos pola ditadura, a inmorrente flor da esperanza dunha Galiza dona de seu.

Titulo: MANUEL MARÍA: OS TRABALLOS E OS DIAS

Autor: Camilo Gómez Torres

Catálogo Xeral, 148

Santiago, 2001

342 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-89896-90-9

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso