Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

AGORA XA FOI

Agora xa foi transcorre na Galiza de 1971, un ano fronteirizo e ambiguo, no que as cousas de puro claras eran equívocas. En Agora xa foi chouta o conflito entre amor e adversidade, camuflado o primeiro sentimento na seguridade que inspiran os dogmas. A historia dun grupúsculo ultraesquerdista nos prolegómenos dunha acción é o pretexto para que Vicente Araguas desenguedelle un estilo característico, cheo de tenrura, humor, escepticismo e distanciamento.

Araguas, igual que o seu protagonista Fandiño, casa con todos e non casa con ninguén, sendo o seu debut como novelista o inicio/indicio dunha andaina que promete sentimento e diversión cando non aberta polémica.

Ilustración da capa: Raimundo Patiño.

Titulo: AGORA XA FOI

Autor: Vicente Araguas

Catálogo Xeral, 131

Santiago, 2000

67 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-89896-68-2

ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso