Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O POETA ASASINADO

Se este exemplar fose dar a mans de imbéciles e escuros o monstro Horace Tograth, antagonista brutal do primeiro relato dos 16 deste volume, podería rexurdir para facer da escrita unha acción delitiva e da leitura un feito pecaminoso. Tograth había provocar, máis de oitenta anos despois, unha revolta debida nesta ocasión á gracia administrativa que posibilita a presente publicación.

Até agora, os leitores que se achegaron a este texto ficaron ben lonxe desa tentación e o balanzo do seu interese é máis ben positivo. A Walter Benjamin serviulle para reflexionar e viu nel unha premonición do que o capitalismo acabou por facer da figura do escritor, e André Bretón, bon coñecedor da obra, chegou a dicir mesmo que os mozos que non coñeceran Apollinaire habían exclamar: “chegamos demasiado tarde”. Estas e outras moitas constitúen razóns suficientes para pretender Laiovento, con O Poeta Asasinado, que todos aqueles que non saben aínda deste escritor francés poidan recoñecer a exclamación como propia, mais co consolo de diciren que tarde si, mais chegaron.

Tradución do francés de Alberte Allegue Leira.

Ilustración da capa: X.M. Tomé.

Titulo: O POETA ASASINADO

Autor: Guillaume Apollinaire

Catálogo Xeral, 123

Santiago, 1999

166 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-89896-55-0

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso