Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A MULLER DE GILLES

É difícil apresentar A muller de Gilles ao lector sen recorrer aos tópicos que tanto abundan nas contracapas. Deberiamos dicir que, publicada no 1937 nunha poderosa editora, recebeu críticas moi favorábeis (merecidas neste caso, e non debidas á importancia da editora), mais a Guerra Mundial e a humildade da autora contribuíron para que fose durante moito tempo unha obra descoñecida mesmo no mundo francófono. Con todo, continuou a ser lida e desfrutada por un público cativo en número pero inmenso en entusiasmo, e o feminismo achou nela unha sensibilidade e unhas ideas moi próximas. Simone de Beauvoir cualificou a obra como “un punxente retrato de muller”, e Thierry Haumont, cun tópico certo nesta ocasión, dixo que A muller de Gilles tiña esa virtude dos clásicos, a grande simplicidade que traduce aquilo que, ao analisármolo, ha de revelar unha complexidade moi grande; Michel Thorgall afirmou, entre outras cousas, que era unha tentativa de escrita sensual.

Porén, nesta breve apresentación temos que rematar con outro tópico: o libro que hoxe ofrece Laiovento aos lectores e lectoras galegas é sobre todo unha invitación a pensar, cualidade esta que non todos os libros, e mesmo os catálogos, poden reclamar e defender para si.

Tradución do francés de Alberte Allegue Leira.

Ilustración da capa: Xurxo Alonso.

Titulo: A MULLER DE GILLES

Autor: Madeleine Bourdouxhe

Catálogo Xeral, 120

Santiago, 1999

106 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-89896-49-6

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso