Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Diana Varela Puñal

Nacida en Corme, Costa da Morte, trasladouse ós catorce anos á Coruña, onde exerce na actualidade como avogada. Colaborou no diario Galicia Hoxe coa súa sección semanal Cartas boca arriba.

Despois de gañar o Premio Díaz Xácome, de Mondoñedo, no 2006 obtivo polo seu poemario Fíos o Premio Uxío Novoneyra das Pontes de García Rodríguez. En decembro de 2010 publica o seu segundo libro, Animal Abismo.

No 2011 presentou o poemario infantil ilustrado, As trovas de Midas, publicado en formato dixital coa voz da propia autora, e en papel.

En decembro de 2012 gañou o premio Estornela de Teatro, coa súa obra Arlequino Viceversa. Presentou a dramatización de dúas pezas de teatro: Lúa de Mel, e A morte é a túa voz ausente. No 2016 publica Midas, Leo e o paraugas, peza teatral para nenos.

No ano 2015 publicou a súa primeira novela, Fin de Festa.

No ano 2017 publicou Ouvre la lucarne, selección de poemas en galego-francés, e o seu último poemario ata a data, Non, amor.

Información relacionada

ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso