Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Manuel Monge González

Manuel Monge González (Laguna de Duero-Valladolid, 1947) é mestre e sociólogo. Promotor e participante en numerosas entidades e movementos sociais. Vicepresidente da Asociación de Veciños de Monte Alto; coordinador da Comisión en Defensa do Asilo de Adelaida Muro; concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007; presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (2007-2011). Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico, participa en Defensa do Común e colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.

É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O «camarada Fraga» e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015); Indecencias e corruptelas (2015); Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A Herdanza do franquismo (2016); O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro (2016).

Información relacionada

GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"