Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Manuel Rei Romeu

Manuel Rei Romeu nace na Estrada (Vilancosta-Berres) en marzo de 1964, residindo na actualidade no Concello coruñés de Pontedeume. Licenciado en Filolosía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como docente de Lingua e Literatura Galegas no I.B. "Concepción Arenal" de Ferrol.

Especialmente motivado polos estudios de Crítica literaria galega, desde 1986 tense dedicado a profundizar na análise da obra literaria e mesmo na actuación política de Castelao, publicando o libro Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao (Edicións do Cumio, 1991), polo de agora única monografía sobre o conxunto da obra literaria deste autor tan sobranceiro nas nosas letras.

No mesmo campo da crítica literaria salientan outras contribucións súas á clarificación de figuras como Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro.

Información relacionada

CATAS NA MEMORIA
PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso