Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Mariló Candedo Gunturiz

Mariló Candedo Gunturiz é pedagoga e desenvolve a súa traxectoria profesional no ámbito universitario. Entre os seus temas de estudo e interese destacan: a educación en valores, a igualdade de oportunidades no sistema educativo, os modelos lingüísticos na educación, ou a relación entre educación, cultura e participación comunitaria. Profesora de Pedagoxía Social, forma parte do grupo de investigación “Política educativa, historia e sociedade” do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña. Nesta universidade desempeñou diferentes responsabilidades, entre elas a de decana da Facultade de Ciencias da Educación. Actualmente combina o seu labor docente co traballo na xestión académica das titulacións na reitoría da UDC.

Boa parte da súa formación e traballo pedagóxico desenvólvese no marco do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, do que é presidenta actualmente.

Información relacionada

A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso