Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Luís G. Soto

Luís G. Soto (A Coruña, 1956) é licenciado en Dereito (1978) e en Filosofía (1979) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Doutor en Filosofía pola USC (1986) e en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid (2010). Profesor titular de Filosofía Moral na Facultade de Filosofía da USC, da que é decano desde 2005. Redactor do Código Ético da USC.

Publicou: Outramente Barthes (Nova Renascença, Porto, 1988), Paz, guerra e violencia (Espiral Maior, A Coruña, 2003), Aristóteles (Baía Edicións, A Coruña, 2003), a tradución de G. Hottois e J.-N. Missa (dirs.), Nova enciclopedia de bioética (USC, 2005), Paz, guerra y violencia (Espiral Maior, A Coruña, 2006), O espírito da letra (Espiral Maior, A Coruña, 2008) e Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles (Marcial Pons, Madrid Barcelona Buenos Aires, 2011). Coordenou Nova Renascença nº 72/73 “Homenagem à Galiza” (Porto, 2001), dedicada a R. Carvalho Calero e R. Piñeiro.

Información relacionada

1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"