Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Francisco Pillado Maior

Francisco Pillado Maior, cofundador e director de Edicións Laiovento, dirixiu, entre outras coleccións, Cadernos da “Escola Dramática Galega”, Cadernos da Sala “Luis Seoane” e a revista “Casahamlet”.

Versionou e traduciu ao galego obras de F. García Lorca, Antón Chekhov, Osvaldo Dragún, Jean Genet, Michel de Ghelderode, Samuel Beckett, Jean-Paul Sartre, e Mario Benedetti, entre outros. En colaboración con M. Lourenzo publicou: O Teatro Galego, Antoloxía do Teatro Galego, Dicionário do Teatro Galego (1671-1985) e Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro.

Autor, con Miguel Anxo Fernán-Vello, dos libros: Conversas en Compostela con Carballo Calero, A Nación incesante. Conversas con X. M. Beiras e A estrela na palabra. Novas conversas con X. M. Beiras.

En 1991, o mesmo ano en que se crea Ed. Laiovento, publica o libro O Teatro de Manuel Lugris Freire (Ed. do Castro).

O concello de Ribadavia concedeulle o Premio Abrente de Honra 2012, ao mérito nas Artes Escénicas, por iniciativa da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Información relacionada

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso