Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Javier del Valle-Inclán Alsina

Javier del Valle-Inclán Alsina, nado en Pontevedra, é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na Biblioteca do Estado da súa vila, na Biblioteca Nacional de España e nas Universidades de Zaragoza e Cantabria. A día de hoxe está destinado no Servizo de Fotodocumentación e Préstamo Interbibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela.

É autor de varios libros, entre eles, Biografía de La Revista Blanca, A morte de Valle-Inclán. O último esperpento e Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas. Tamén colaborou na obra CNT, 100 años de anarcosindicalismo (1910-2010), Homenaxe a Borobó e ¿U-lo Prestige?: entre a ecoloxía e a globalización.

Publicou artigos en Anales de la literatura española contemporánea, Boletín de ANABAD, Arco da Vella, Rosalinda, BICEL, Galegos/Gallegos, Bradomín e Anacos para Borobó. Prepara outros traballos, un sobre os exemplares adicados a Ramón del Valle-Inclán, outro sobre os poemas que tamén lle adicaron ao autor de Divinas palabras e un terceiro sobre a presenza de fi guras anarquistas na obra do antedito autor galego.

Información relacionada

VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"