Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Montse Pena Presas

Montse Pena Presas (Sada, 1981) é doutora e licenciada en Filoloxía Galega pola USC, onde imparte aulas na área de Didáctica da Lingua e da Literatura. Como investigadora está especializada en literatura infantil e xuvenil, educación literaria e estudos de xénero. Autora de diferentes materiais didácticos, do ensaio divulgativo Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño (2013) e de diferentes investigacións sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres, exerce tamén a crítica literaria en medios coma o Faro de Vigo, Grial ou a Radio Galega. Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia é unha obra que recolle parte substancial da súa tese de doutoramento, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Silva.

Información relacionada

A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso