Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Rexina Vega

Rexina Vega, como novelista publicou Cardume (2007), que foi premio Xerais das letras galegas. No 2017 publicou a autotradución ao castelán Nadie duerme (Pepitas de Calabaza) que agora sae na súa versión orixinal como Ninguén dorme. Foi tamén colaboradora habitual do Centro Virtual Cervantes. É Premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución pola obra de Georges Perec El secuestro.

Actualmente é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación céntranse na análise da autotradución literaria e na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que publicou diferentes monografías, entre as que salientan: Álvaro Cunqueiro, unha poética da recreación (Laiovento 1997), Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas (Ed. do Castro, 2003) ou Álvaro Cunqueiro. Fotobiografía sonora (Ouvirmos 2009).

(c) A. Cabada

Información relacionada

RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
© Edicións Laiovento, 2016-2019 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso