Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Carlos López Bernárdez

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte. O seu traballo no ámbito da análise cultural mantén dúas liñas fundamentais, unha dedicada aos estudos da literatura galega do século vinte con especial atención aos movementos de vangarda e unha segunda, centrada no ámbito da historia da arte, orientada á construción de análises, nomeadamente sobre a arte galega, que supoñan unha descentralización dos relatos -ruptura do esquema centro/periferia.

Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega, en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011), Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016) e Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento, 2018).

Na actualidade desenvolve a crítica de arte nos suplementos dos xornais Faro de Vigo e Nós Diario.

Información relacionada

FRONTE DA ARTE
IRMANDIÑAS
FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso